Sobre min

Son Daenvil e este é o meu blog persoal, onde comparto os meus intereses (cando teño tempo libre e gañas de facelo). Son físico por formación e desenvolvedor de software por paixón.

Porén, aquí veño falar dos meus intereses principais: videoxogos, cociña, xogos de rol, fantasía, ciencia ficción, etc. Tamén son vegano, e iso lévame a centrar moitos dos meus proxectos nese aspecto, para intentar achegar este tema á xente dende onde podo.

Neste blog céntrome principalmente en:

  • Falar dos meus proxectos (podes ver unha lista detallada aquí).
  • Compartir receitas propias.
  • Escribir artigos de opinión e de divulgación sobre temas nos que considero que podo aportar algo.

Actualmente

  • Levo moitos meses sen actualizar o blog, pero sigo por aquí. Quizais proximamente publique algo novo.
  • Estou xogando ao Minecraft, facendo mods para o Stardew Valley, e traballando nalgúns posibles videoxogos futuros.

(Actualizado o 27/12/2025)

Contacto

Para calquera consulta, podes contactarme en:

Tamén podes atoparme noutras redes:

  • Github: daenvil
  • Youtube: @daenvil (onde permanece a miña fase youtuber da pandemia COVID. Subo cousas só moi ocasionalmente, cando o precisa algún proxecto)