(Páxina en construción)
Aquí unha lista de todos os meus proxectos, pasados e presentes.
Índice
Videoxogos
Orcanize & Destroy
Orcanize & Destroy é un xogo arcade scroller horizontal no que tomas o control dunha orca que busca liberar o océano de humanos. Podes xogalo online no navegador ou descargalo na seguinte ligazón:
Ver en itch.io Entradas no blogEscape the Magnet
Pequeno xogo que fixen en tres días para a jam de videoxogos “Jame Game #33”. Controlas un coche que ten que escapar dunha grúa-imán. Chega á meta antes de que te destrúa.
Ver en itch.ioMods de videoxogos
Datapacks de Minecraft
Teño multitude de datapacks (unha especie de mod simple) publicados para Minecraft, cunha páxina web propia para eles, á cal podes acceder abaixo. Algúns destes packs máis relevantes son:
A miña web dedicada a MinecraftVegancraft
Unha colección de modificacións dedicada a permitir xogar Minecraft sen usar animais, usando alternativas realistas á vez que equilibradas. Podes ler máis na ligazón de abaixo (en inglés). Proxecto aberto a contribucións.
Ler máisRecyclecraft
Unha colección de modificacións dedicada a aproveitar e reusar mellor os materiais e obxectos do xogo. Podes ler máis na seguinte ligazón (en inglés):
Ler máisEncargos feitos
A administración do “servidor vegano de Minecraft” (un servidor que buscar promover o veganismo a través do xogo) contactoume varias veces para facerlles encargos pagados. Estes consistiron principalmente na adaptación de receitas do xogo para poder xogar sen produtos animais (similar ao meu Vegancraft) e na implementación da “pesca magnética”, unha forma de pescar no xogo para obter materiais e obxectos en lugar de peixes (a cal tamén pasou a formar parte da miña colección).
Mods de Civilization VI
Civilizacións (e os seus líderes) para o Civilization VI:
Galicia: García II
Engade a Galiza ao xogo, con García II como o seu líder.
Páxina de Steam Entrada no blogMoors: Abd-ar-Rahman III
Engade Al-Andalus ao xogo, con Abd-ar-Rahman III como o seu líder.
Páxina de SteamMods de Stardew Valley
Teño publicados un par de mods pequenos, podes velos no meu perfil de Nexus:
Perfil en NexusThe Vegan Expansion (en desenvolvemento)
Mod dedicado a permitir desfrutar plenamente Stardew Valley sen a necesidade de usar animais, usando alternativas realistas á vez que equilibradas. Proxecto aínda sen publicar.
Addons para Godot
MarkdownLabel
Engade un nodo personalizado a Godot, que permite usar Markdown para escribir e mostrar textos nos teus proxectos. Proxecto aberto a contribucións.
Repositorio en GithubContido relacionado con xogos de rol
Tradución de Dungeon World ao galego
Unha tradución básica do xogo de rol Dungeon World ao galego. Proxecto aberto a contribucións.
Páxina en Github