Orcanize & Destroy 0.7 – Modos de xogo, balance, e optimización

Aquí está a primeira actualización maior do xogo! A principal novidade é a introdución de modos de xogo, xunto con algúns cambios para balancear o xogo. En xeral, penso que todo isto fai o xogo máis divertido. Tamén fixen moitas tarefas de optimización, facendo que agora o xogo sexa xogable en móbil (aínda que os controis seguen sendo malos e aínda non vai ben nalgúns móbiles, xa o lanzarei adecuadamente para móbil na próxima actualización).

Novos modos de xogo

Os novos modos de xogo están divididos en 2 categorías:

  • Modos máis fáciles, seleccionables no menú de configuración:
    • Modo fácil: todo o dano recibido é reducido á metade, a adrenalina dura o dobre de tempo.
    • Modo deus: non recibes dano e a adrenalina non decae.
    • Ao xogar nestes modos non se garda a puntuación.
  • Modos avanzados, desbloqueados a través do xogo e seleccionables no menú principal cando estean dispoñibles:
    • Inicio avanzado: comeza cun certo nivel de busca e de adrenalina. Desbloqueado ao alcanzar o nivel de busca correspondente tendo a barra de vida completa ou tendo vidas extra.
    • Hardcore: non podes gañar vidas extra. Desbloqueado ao alcanzar o nivel de busca 5 sen morrer.
    • Os modos avanzados poden ser desbloqueados manualmente no menú de configuración.
Captura do menú principal do xogo, onde se pode ver o botón de "Play" e, debaixo, un panel para seleccionar o modo de xogo: "Advanced start", cun selector do número de estrelas desexadas, e "Hardcore mode".

Cambios de balance

  • Morrer era demasiado duro, normalmente facendo que quedases indefense contra inimigos difíciles. Agora, o reaparecer despois de morrer:
    • O nivel de adrenalina redúcese en 1 en lugar de resetearse a cero.
    • O nivel de busca redúcese en 1.
    • A idea é que estes cambios fagan o morrer-reaparecer máis fluído, ao non ter un cambio tan repentino nas túas habilidades e rebaixar un pouco a dificultade ao mesmo tempo.
  • Tras ver como varias persoas fallan ao intentar comer e teñen que andar a voltas, aumentei levemente o alcance da boca da orca. Agora debería ser máis fácil comer humanos.

Compatibilidade con móbil

  • Aparentemente, o xogo aínda vai mal nalgúns móbiles ao xogalo na web. Terei que solucionalo subindo un apk nalgún momento. De momento non contedes con que funcione.
  • Fixen unha morea de tarefas de optimización para que o xogo poidese correr ben en móbil (ao final era tan fácil como quitar as sombras, pero bueno, traballo que quedou feito).
  • O xeito de manexar a orca é, agora mesmo, premendo cara onde queres nadar. Hai botóns adicionais para rolar, impulsar, e pausar.
  • Non estou particularmente contento con estes controis, pero o feedback que obtiven é que son máis fáciles de usar que os normais de teclado, polo que quedarán como unha opción no xogo. No futuro gustaríame ter algunha especie de joystick táctil co que controlar o movemento, mais ao non ser este un tipo de movemento moi tradicional, non estou moi seguro de como implementalo aínda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *