Son Daenvil e este é o meu blog persoal, onde comparto os meus intereses (cando teño tempo libre e gañas de facelo). Son físico por formación e desenvolvedor de software por paixón.
Porén, aquí veño falar dos meus intereses principais: videoxogos, cociña, xogos de rol, fantasía, ciencia ficción, etc. Tamén son vegano, e iso lévame a centrar moitos dos meus proxectos nese aspecto, para intentar achegar este tema á xente dende onde podo.
Neste blog céntrome principalmente en:
- Falar dos meus proxectos (podes ver unha lista detallada aquí).
- Compartir receitas propias.
- Escribir artigos de opinión e de divulgación sobre temas nos que considero que podo aportar algo.
Actualmente
- Levo moitos meses sen actualizar o blog, pero sigo por aquí. Quizais proximamente publique algo novo.
- Estou xogando ao Minecraft, facendo mods para o Stardew Valley, e traballando nalgúns posibles videoxogos futuros.
(Actualizado o 27/12/2025)
Contacto
Para calquera consulta, podes contactarme en:
- Mastodon: @daenvil@mastodon.gal
- Discord: @daenvil (#395951130380730369)
- Correo electrónico: daenvil@outlook.com
Tamén podes atoparme noutras redes: